Busqueda

  • Accesibilidad:   A A A
  • Idioma: Español
 Evaluación por Compensación
   

Las notas medias actuales en base 10 (octubre 2011) de las titulaciones de la Escuela Universitaria Politécnica son las siguientes:

1)      Ingeniería Técnica Naval (Estructuras Marinas): 6,6121.
2)      Ingeniería Técnica Naval (Propulsión y Servicios del buque): 6,3519.
3)      Ingeniería Técnica Industrial (Electricidad): 6,2537.
4)      Ingeniería Técnica Industrial (Electrónica): 6,4043.


Importante: La materia en la que realices la evaluación por compensación, no sera reconocida en el Grado, si posteriormente decides hacerlo.


Plazos: Se abrirán dos plazos (de unos 15 días) en cada curso académico para poder solicitarla. Uno despues de salir publicadas las actas de septiembre  (principios de octubre) y otra despues de las actas de diciembre (principios de febrero)


Para saber tu nota media en base 10, puedes verla en la Secretaria Virtual debajo del expediente.


Reglamento de Evaluación por Compensación en la UDC


Artigo 1. Requisitos

Concederase a avaliación por compensación aos estudantes da Universidade da Coruña que cumpriren todos e cada un dos seguintes requisitos:

  • Que, matriculados en calquera titulación oficial, cursasen, polo menos, o 50% desta na Universidade da Coruña.
  • Que só lles reste unha materia para finalizar os estudos da titulación correspondente (coa excepción do Proxecto de Fin de Carreira, Prácticum, Prácticas Clínicas, Traballo de Fin de Grao e Traballo de Fin de Mestrado), e non transcorrese máis dun ano desde a última convocatoria suspensa. No caso do Prácticum e das Prácticas Clínicas, se unha materia contén parte teórica e parte práctica, poderá ser tamén avaliada por compensación, se a parte teórica constitúe, polo menos, o 50% do total dos créditos totais desa materia.
  • Que esgotasen, como mínimo, tres convocatorias (dúas no caso de Grao e Mestrado) da materia que solicitan compensar.
  • Que a nota media do seu expediente académico, sen computar a materia en que se solicita a compensación, sexa igual ou superior ao 80% da nota media da súa titulación na última promoción con dereito a docencia.
  • Que estean matriculados na materia en que solicitan compensación, sempre que a normativa vixente llo permita.


Artigo 2. Límites da solicitude

Con independencia dos requisitos establecidos no artigo 1, a avaliación por compensación estará suxeita ás seguintes limitacións:

  1. A avaliación por compensación unicamente se poderá conceder unha vez. O estudante a quen se lle concedese a avaliación por compensación nunha titulación non poderá solicitar de novo avaliación por compensación para rematar ningunha outra titulación.
  2. Non serán obxecto de compensación o Prácticum, as Prácticas ou Estadías Clínicas, o Proxecto de Fin de Carreira, o Traballo de Fin de Grao nin o Traballo de Fin de Mestrado.
  3. Non se lles poderá conceder a compensación a aqueles alumnos a que lles conste algunha sanción no seu expediente académico.
  4. En ningún caso se lle poderán realizar probas de exame ao alumno implicado.
  5. Poderán compensarse materias troncais, de formación básica, obrigatorias e optativas.
  6. Aqueles estudantes procedentes doutras universidades a quen xa se lles concedese a avaliación por compensación curricular na súa universidade de procedencia non a poderán solicitar de novo na Universidade da Coruña.
  7. Cando se acceda a un segundo ciclo desde un primeiro ciclo con título terminal en que xa se efectuase a compensación dunha materia, non se terá dereito a outra avaliación por compensación. Do mesmo xeito, cando se acceda a unha titulación de grao por estar en posesión dun título oficial universitario que permita esa posibilidade, de acordo coa memoria verificada do plan de estudos, e xa se efectuase a compensación dunha materia, non se terá dereito a outra avaliación por compensación.


Artigo 3. Órgano de resolución

  • Todos os centros da Universidade da Coruña contarán cun Tribunal de Compensación.
  • O Tribunal de Compensación é un órgano de carácter académico constituído nos centros por acordo do Consello de Goberno co obxectivo de xulgar, por petición do estudante interesado e de acordo coa presente normativa, a aptitude global para recibir o título oficial correspondente.
  • O Tribunal de Compensación de cada centro estará formado por:
    • Presidente: decano, director ou vicedecano ou subdirector
    • Secretario: secretario do centro
    • Tres vogais profesores: profesores con vinculación permanente á universidade. Deberán estar representadas as diferentes áreas de coñecemento que teñan asignada docencia en materias troncais, de formación básica ou obrigatorias da titulación ou titulacións impartidas no centro, a razón dun profesor por área. No caso dunha titulación de Mestrado, deberá formar parte do Tribunal o profesor-coordinador do Mestrado de que se trate, sen exceder do número de tres profesores vogais.
    • Un vogal membro do persoal de administración e servizos adscrito ao centro.
    • Un vogal alumno: estudante de primeiro ou segundo ciclo, grao e mestrado, segundo o seu caso.
  • Os vogais titulares e os seus suplentes serán elixidos pola Xunta de Centro de entre os seus membros no primeiro mes do ano académico e renovaranse anualmente.
  • Non poderán formar parte do tribunal para ese suposto aqueles profesores que interviñeran na corrección ou avaliación da materia que se solicita compensar. Se a avaliación por compensación correspondese a unha materia de Mestrado, que fose avaliada polo profesor-coordinador deste, deberá ser substituído por outro profesor do Mestrado, designado pola Xunta de Centro.
  • No caso de o centro impartir máis dunha titulación, e se a Xunta de Centro o estimar oportuno, poderá ser nomeado un tribunal distinto para cada unha delas.


Artigo 4. Constitución do tribunal

  • O tribunal quedará validamente constituído, logo da orde do seu presidente e convocatoria por escrito, se asistiren, cando menos, dous terzos dos seus membros, entre os que deben estar necesariamente o presidente e o secretario. De non se acadar o quórum necesario, constituirase validamente media hora despois en segunda convocatoria, sempre que estean presentes o presidente, o secretario e dous vogais. En caso contrario, realizarase unha nova reunión no prazo de 48 horas.
  • Os membros do tribunal que non acudan deberán xustificar de xeito adecuado e por escrito a súa inasistencia.
  • O tribunal deberase reunir como mínimo dúas veces ao ano, coincidindo coas convocatorias oficiais de exames de fin de carreira e coa finalización do curso académico e no caso previsto de forma excepcional para os ciclos de Grao e Mestrado no artigo seguinte. Ademais, o tribunal poderá ser convocado cando o seu presidente o considerar necesario.


Artigo 5. Procedemento de avaliación por compensación

  • A solicitude de avaliación por compensación irá dirixida, por medio dunha instancia, ao decano ou director do centro, dentro do prazo de 15 días hábiles que conta, para as titulacións non adaptadas ao EEES, a partir do remate do prazo de entrega das actas das convocatorias oficiais de exames de fin de carreira e setembro (xullo, para as titulacións que adapten o seu calendario ao do Espazo Europeo de Educación Superior), e a partir do remate do prazo de entrega das actas finais de cada curso académico para as titulacións de grao e mestrado. Nestes ciclos admitirase tamén, de forma excepcional, que se realice a solicitude dentro do prazo dos 15 días hábiles, que conta a partir do remate do prazo de entrega das actas de primeira edición, correspondentes á primeira oportunidade das probas de avaliación para materias do primeiro cuadrimestre.
  • Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Administración do centro enviarallas ao presidente do Tribunal, unha vez comprobado que cumpren con todos os requisitos establecidos nesta norma. Esta circunstancia será certificada por cada solicitude polo secretario do centro.
  • O tribunal de compensación deberá resolver no prazo máximo de dous meses, que conta a partir da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • O tribunal examinará todas as solicitudes presentadas. Se o estudante solicitante reunir todos e cada un dos requisitos necesarios e á súa solicitude non lle for de aplicación ningunha das limitacións establecidas no artigo 2 do presente regulamento, concederase a compensación da materia solicitada. En caso contrario, denegarase a solicitude. En ambos os casos, o secretario estenderá unha acta en que conste a resolución, que será asinada por todos os membros do tribunal validamente constituído.
  • As decisións do tribunal de compensación deberán ser comunicadas por escrito ao alumno e publicadas no taboleiro de anuncios do centro para coñecemento público.
  • Contra o acordo do tribunal denegando a compensación cabe recurso de alzada ante o reitor, no prazo dun mes desde a notificación. A resolución do reitor, que deberá resolver no prazo dun mes, esgota a vía administrativa.


Artigo 6. Efectos académicos

  • A avaliación por compensación figurará no expediente do estudante sen cualificación e baixo as siglas CP.
  • As materias compensadas non poderán ser obxecto de validación ou recoñecemento en futuros estudos