Estas en >> Inicio :: Ver Noticia
 PRÁCTICAS EN EMPRESA PARA ALUMNOS/AS DA UDC EN NAVANTIA, S.A.
 Fecha de publicación:12-04-2018 
   

PROGRAMA DE PRÁCTICAS EN EMPRESA PARA ALUMNOS/AS DA UDC EN NAVANTIA, S.A.

 

Prazo de solicitude: ata o  25 de abril  de 2018

A empresa NAVANTIA, S.A., no marco do convenio asinado coa Universidade da Coruña o 3 de decembro de 2014, oferta 15 prazas para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares.

Seleccionaranse:

6 estudantes de grao, 8 estudantes dos Mestrados Universitarios en Enxeñería Industrial e Enxeñería Naval e Oceánica, 1 estudante do Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético. No caso de non se cubrir todas as prazas en calquera das categorías pasarán á outra.

Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes presencialmente ou por correo electrónico (vcfrs@udc.es) na secretaría da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social ata as 14:00 h do día 25 de abril de 2018 achegando copia do expediente académico.

Convocatoria no PDF adxunto.

Sección: RELACIONES CON EMPRESAS  ||  Autor: Dirección de la EUP
Si te ha gustado...   |   | EVERNOTE  Clip to Evernote  |  Guárdalo en DELICIOUS  
 Información Relacionada
Enlaces relacionados:
Ninguno